DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A proba popular do Barco enceta o programa da IV Travesía a nado de Valdeorras

Arredor das once e media da mañá deste sábado 1 de setembro dábase a saída da proba de natación popular que abre o programa da IV Travesía a nado de Valdeorras. Os nadadores, unha decena, tomaban a saída no río Sil dende as proximidades da rúa Real e realizaban un percorrido duns 350 m que remataba á altura da praia fluvial do Malecón.

A competición propiamente dita desta travesía, que organiza o Club Natación Valdeorras, terá lugar a partires das cinco desta tarde en Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button