ConcellosO BarcoÚltima hora

A procesión da Soidade, no Barco

 

Numerosas persoas, algunhas delas con candeas acesas, asistían na noite do Sábado Santo á procesión da Soidade no Barco, na que percorría as rúas a imaxe da Virxe Dolorosa. Este acto relixioso iniciábase na igrexa de San Mauro ás 22h., para logo proseguir pola rúa Doutor Pérez Lista en dirección a Marcelino Suárez, para, a continuación, regresar por Eloi Mira ata a igrexa de San Mauro, no casco vello da vila. No seu percorrido, a Policía Local regulaba o tráfico e velaba pola seguridade,

Unha vez finalizada a procesión, xa na igrexa de San Mauro comezaba a Vixilia Pascual.

Os actos da Semana Santa do Barco concluirán mañá, Domingo de Pascua, ás 12h. coa tradicional procesión do Encontro entre a Virxe e o Resucitado, que a diferenza doutros anos, se producirá na praza do Príncipe.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button