ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A procesión de San Lourenzo percorre Arcos

Esta localidade vilamartinesa celebra o día 10 de agosto o día grande das súas festas patronais que continuarán ata o sábado 11

Na tarde-noite do xoves 9 de agosto comezaban as festas patronais de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) na honra de San Lourenzo. Este venres 10 de agosto a localidade vive o día grande da celebración, cuxo acto central era a procesión na que a imaxe do santo percorrías súas rúas, seguida da misa solemne concelebrada ás 12:30h.

Numerosas persoas participaban nesta procesión na que un grupo de gaiteiros facía o pasarrúas e acompañaba á comitiva no percorrido, mentres que o coro parroquial encargábase, despois, de cantar na misa.

Pola tarde, o apartado musical correrá por conta do grupo Suavecito en sesión de tarde e verbena. E xa o sábado 11 de agosto (segundo día de festa) haberá unha nova eucaristía por todos os defuntos, oficiada en galego, ás 13h. E pola noite, un ano máis o teatro será quen marque o peche dos festexos. En torno ás 22h. ao escenario a carón do local social do pobo, subirase o Grupo de Teatro de Arcos para entreter e facer rir ao público coa obra “O Multiusis da Sancha”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button