ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A procesión de San Xurxo e a orquestra Trébol poñen o broche ás festas de Vilamartín

Os gaiteiros Airiños de Caldelas acompañaron á comitiva co patrón da vila a ombros dos veciños

Depois de tres intensos días, con actividades para todos os gustos e idades (música, deporte, teatro, cultos,…) as festas patronais de Vilamartín de Valdeorras baixan hoxe o pano. E fano precisamente o día de San Xurxo, santo ao que se adican os festexos, coindicindo co Día do Libro e festivo local, cun dos actos centrais do programa: a procesión.

 

Os veciños levan a imaxe de San Jorge durante a procesión.

Así, no mediodía do 23 de abril saía a comitiva da igrexa parroquial, encabezada polo cura (un dos sacerdotes das Ermitas) e os gaiteiros Airiños de Caldelas. Percorrendo boa parte do pobo, os veciños acompañaron ás imaxes de San Jorge e varias santas, levadas a hombros por grupos de homes, mulleres e mozos.

Trala procesión celebrábase a eucaristía de San Jorge e as festas rematan pola tarde coa acuación da orquestra Trébol.

 

Trala procesión celebrábase a eucaristía.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close