ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A procesión do Corpus Christi no Barco, deslucida pola chuvia

Este ano a celebración do Corpus Christi estaba marcada polo mal tempo. Aínda que a chuvia daba unha tregua no mediodía deste 23 de xuño e permitía saír a procesión no Barco, si condicionaba, e moito, os tradicionais tapices florais cos que acostuma recibirse a esta comitiva relixiosa no casco antigo da vila.

Malia ao traballo e esforzo dos veciños, tan só se mantiña unha alfombra floral e un pequeno corredor verde de felgos de rosas ata a zona da igrexa de San Mauro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis fotos das alfombras:
https://osil.info/a-chuvia-trunca-as-alfombras-de-corpus-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button