En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A procesión do Cristo dos Ferroviarios percorre O Barco

A chuvia respectaba este percorrido relixioso, que se iniciaba ás nove da noite deste Mércores Santo na Igrexa de San Mauro

Aínda que a chuvia facía acto de presenza a última hora da tarde deste Mércores Santo, 17 de abril, a auga cesaba pouco antes da hora prevista para a tradicional procesión Vía Crucis co Cristo dos Ferroviarios. Partía dende a igrexa de San Mauro ás nove da noite e iniciaba un longo percorrido pasando polas rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, Eloi Rodríguez Barrios e de novo Eloi Mira. O traxecto ía intercalándose con paradas para rezar en cada estación do Vía Crucis, sendo a máis prolongada a que tiña lugar diante da Estación de Ferrocarril barquense.

Os actos da Semana Santa do Barco de Valdeorras, continúan mañá Xoves Santo, coas confesións dende as 9:30h. e a posterior penitencia comunitaria (11:30h.). Xa pola tarde, ás sete celebrarase na igrexa de Santa Rita a Misa na Cea do Señor co lavatorio de pés. E pola noite, trala procesión so Silencio coa imaxe de Xesús Nazareno (saída e regreso á igrexa de San Mauro), celebrarase a Hora Santa na igrexa de Santa Rita, diante do Monumento.

Máis información no Especial Semana Santa do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button