En portadaGalerías de fotosSemana Santa

A procesión do Encontro abre o Venres Santo no Barco

Os pasos da Dolorosa e do Nazareno reuníanse na praza do Príncipe desta vila valdeorresa

Coa procesión do Encontro comezaban os actos litúrxicos do Venres Santo no Barco. Saía ás 9:30h. dende a Igrexa de San Mauro. Dende alí os pasos que procesionaban (a Dolorosa, o Nazareno, a Verónica e San Xoán) seguían dous percorridos diferentes. Así a imaxe da Dolorosa ía polas rúas Eloi Mira, Eloi Rodríguez Barrios e Balorca. Por outra banda, o paso do Nazareno dirixíase tamén por Eloi Mira, pero logo por Marcelino Suárez, praza do Concello e praza do Príncipe.

Esta última praza era o lugar de encontro dos dous pasos, xusto fronte á Igrexa de Santa Rita. A partir de aí realizábase o traxecto de regreso ata o templo de San Mauro. De seguido, tiña lugar nel a penitencia comunitaria.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edició en papel do Especial Semana Santa de O Sil).

Artigos relacionados

Back to top button