CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A profesora de Bioloxía do IES Lauro Olmo, Tania Suárez, publica o seu primeiro conto

"Pituca na procura da súa identidade" (Editorial Altramuz) conta a historia dunha píntega

Portada do libro.

 

Malia ser de ciencias, a Tania Suárez Villar, profesora de Bioloxía dende hai catro anos no IES Lauro Olmo do Barco, sempre lle gustou escribir. “Teño feito cousiñas a nivel amateur, sobre todo de teatro, pero máis ben para os amigos”, conta esta docente, natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña), que agora adentrarse no mundo da literatura coa publicación do seu primeiro libro, Pituca na procura da súa identidade, que espera sexa o primero de moitos “contos científicos dirixidos a un público que adora sabelo todo sobre o mundo que lle rodea: os cativos”.

 

Tania Suárez Vidal é profesora de Bioloxía no IES Lauro Olmo do Barco. /Foto cedida.

 

De feito, a historia de Pituca nace dunha conversa da autora cos seus sobriños en 1º de Primaria. “Estaban estudando os vertebrados e vin que lles gustaba moito o tema pero tiñan dúbidas básicas, así que pensei que estaría ben escribir algo sobre este tema para que os nenos o entendan perfectamente con debuxos e demáis”, explica Tania, perfilando así un proxecto que daba como resultado este libro entre lúdico e divulgativo, ilustrado por Irene Mira e publicado por Altramuz, unha editorial social que nace neste 2021 co obxectivo de mostrar unha visión real da diversidade, unindo cultura e educación.

 

A píntega Pituca é a protagonista do conto.

 

Pituca é unha píntega que se sinte un pouco marxinada polo que decide emprender unha viaxe na que se vai atopando outros seres vivos vendo as diferencias, ata que coñece a outros anfibios coma ela e dase conta que é igual de especial que o resto, cada un coas súas peculiaridades.

O libro ten unhas 48 páxinas, leva apenas unha semana na páxina wed da Editorial Altramuz e aínda está chegando ás librarías. No caso do Barco de Valdeorras, a autora ten a intención de falar con algunha para que o traian, e tamén intentarán facer os medios para estar na Feira do Libro que se celebra esta fin de semana no Malecón barquense aínda que recoñece que “será algo precipitado”.

 

As ilustracións do libro son de Irene Mira.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button