OurenseÚltima hora

A programación escénica de Ourense contará con 25 funcións

A carteleira retomará a súa actividade a partir de setembro

O Teatro Principal de Ourense presentou hoxe a carteleira coa que retomará a súa actividade a partir de setembro e a través da que lle propón ao público da cidade das Burgas unha trintena de citas coas artes escénicas, a música e o cinema.

As funcións que tiveron que ser suspendidas a causa da declaración do estado de alarma poderán verse agora. “Prostitución”, de Check-In Producciones, poderá verse finalmente o 16 de outubro, e “Jauría”, de Kamikaze, o 25 dese mesmo mes.

 

Representación da obra de teatro “Jauría”./ Foto: Teatro Principal de Ourense.

 

A súa reprogramación foi posible grazas á flexibilización da normativa da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) da Xunta, cunha serie de medidas inseridas no plan autonómico para a reactivación dos sectores cultural e turístico.

Artigos relacionados

Back to top button