ConcellosÚltima hora

A promoción de Historia 1979/84 da Universidade de Santiago celebra a súa reunión anual no Pazo do Castro

Os alumnos que estudaron Historia na Universidade de Santiago na promoción 1979/84 veñen reuníndose unha vez ao ano dende 1994. E, cada vez, nun lugar diferente. Desta volta esta reunión tiña lugar en Valdeorras o 22 de xuño cun xantar no Pazo do Castro (O Barco).

Neste encontro participaban unha trintena de persoas, entre elas os valdeorreses Santiago Ferrer, Amparo Quiroga e Enrique González. “Sempre é unha ledicia estar con todos os compañeiros, lembrarnos da nosa época da facultade, é moi bonito seguir xuntos, hoxe non estamos todos pero si unha gran maioría”, dicía un dos participantes, José Luis Fernández.

 

 

O coordinador da xuntanza foi este ano o rues Enrique González, quen propoñía no encontro do 2018 a idea de celebrar o vindeiro en Valdeorras, “e todo o mundo aceptou encantado”. Amosábase ademais moi satisfeito “de ter traído a estes compañeiros a este recuncho da Galicia infinda, como dicía Florencio Delgado Gurriarán. Estou contentísimo de telos aquí e espero que isto se poida repetir moitos anos”.

Tamén contenta se manifestaba Amparo Quiroga de “recibir aquí aos compañeiros, pasamos moitos anos xuntos, ademais os anos da xuventude, e querémonos moito”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button