Non puido ser, pero a afección do C.D. Barco respondía ata o final

Malia que o equipo valdeorrés vencía por 0-1 ao C.D. Arenteiro, o triunfo do Alondras en Carballo truncaba o soño vermello

Era un partido de fortes emocións e no que o C.D. Barco tivo nas mans un ascenso que, finalmente, acabou por esvaecerse, rematando así co soño do ascenso vermello. Ata o campo do Espiñeiro se desprazaba na tarde do 19 de maio o conxunto de Manolo Pérez para xogar o derradeiro partido da liga contra o C.D. Arenteiro. O club barquense acudía arroupado por un gran número de siareiros barquenses que o apoiaron e animaron incansablemente ata o final nun ambiente espectacular.

 

A primeira parte remataba con alegría e esperanza. O C.D. Barco adiantábase no marcador no minuto 28 cun gol de Tabala, que enchía de euforia á afección que abarrotaba as bancadas. Sen embargo, e malia que o partido remataba coa vitoria dos barquenses, o feito de que o Alondras anotase na segunda parte do encontro co Bergantiños e asegurase a cuarta praza, truncaba o soño dos valdeorreses.

Desta volta non puido ser, pero a afección vermella respondía ata o final apoiando e volcándose cun equipo que lle fixo vivir o soño de ascender case ata os últimos minutos desta emocionante e intensa liga.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies