SanidadeÚltima hora

A provincia alcanza os 114 casos activos de Covid, 20 máis que onte

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As cifras do Covid seguen medrando na provincia. Segundo os datos que acaba de publicar a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nesta xornada de 17 de agosto a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 114 casos activos de coronavirus, o que supón 20 máis que onte (con 94 casos activos).

No conxunto de Galicia o total de casos activos chega xa aos 1.400, deles 851 son da área sanitaria da Coruña, 110 da de Lugo, os xa mencionados 114 da de Ourense, 70 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 63 da de Santiago, e 53 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 1.338 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.608 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 282.103.

Deste xeito, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco marca supera ao rexistro de onte 18 casos positivos novos de coronavirus, “un incremento que non se producía desde facía tres meses”, se ben o domingo tamén rexistraba “dúas altas máis, elevando a 1.906 os curados na provincia”, segundo Sanidade.

Os ingresos hospitalarios mantéñense en tres persoas e non hai ningún paciente na UCI Covid e os 111 restantes están a seguemento a domicilio. O Sergas continúa o rastrexo de contactos estreitos dos afectados e son uns 14 os brotes actuais.

Artigos relacionados

Back to top button