En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia baixa aos 1.299 casos activos de Covid, 20 menos que onte

Sen embargo, nas últimas 24 horas confirmábanse 94 novos positivos por probas PCR. Ademais, O Barco volve a nivel de alerta vermella no mapa de Sanidade

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Un día máis, mantense o descenso de casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos emitidos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 24 de outubro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.299 casos activos, o que supón 20 menos que os comunicados onte. Sen embargo, nas últimas 24 horas confirmábanse 94 novos positivos por probas PCR.

Baixan tamén os ingresos por Covid na provincia, cun total de 90 pacientes hospitalizados en planta (5 menos que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intenstivos (1 menos que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 3 ingresos en planta e o Hospital de Verín con 7. O Hospital Universitario de Ourense conta con 80 pacientes en planta e con 12 na UCI. Ademais o Centro Médico El Carmen segue cun paciente na UCI.

O total de casos na provincia de Ourense ascende a 5.876, con 4.362 curados e 214 falecidos. Ademais, lévanse realizado 86.483 probas PCR.

O Barco volve ao nivel vermello no mapa epidemiolóxico do Sergas

Un día despois de que o concello do Barco baixase a o nivel de alerta laranxa no mapa epidemiolóxico que a Consellería de Sanidade actualiza tendo en conta os novos casos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos 7 días, ao rexistrar máis de 21 casos.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

Galicia suma 6.431 casos activos de Covid , 261 máis que onte

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.431, deles 1.122 son da área da Coruña, 651 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 639 da de Pontevedra, 1.186 da área de Vigo, 1.089 da de Santiago, e 445 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 371 en unidades de hospitalización e 6.011 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.315 persoas curadas, rexistrándose 860 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 633.494.

Artigos relacionados

Back to top button