En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia baixa ata os 1.035 casos activos de Covid, 47 menos que onte

O Hospital de Valdeorras mantén 7 ingresos en planta, o de Verín 8 e o de Ourense rexistra 90

 

Un día más, seguen a baixar os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así, segundo segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 8 de novembro) hai 1.035 casos activos, o que supón 47 menos que onte. Deles, 88 están hospitalizados en planta (a mesma cifra que onte) e 19 en UCI (3 máis que onte). Tamén se aprecia un lixeiro descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 29 (fronte aos 61 de onte).

O Hospital de Valdeorras continúa con 7 ingresos en planta e o Hospital de Verín con 8, mentres o Hospital Universitario de Ourense que ten 71 ingresos en planta (os mesmos de onte) e 19 na Unidade de Coidados Intensivos (3 máis que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.861, con 5.572 curados e 253 falecidos (na xornada do 7 de novembro non se producía ningún falecemento na área sanitaria ourensá). Polo de agora lévanse realizado 100.753 probas PCR.

A área ourensá, a de menor número de casos activos en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.015, dos que 1.887 son da área da Coruña, 1.116 da de Lugo, 1.035 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.469 da área de Vigo, 1.209 da de Santiago, e 1.045 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 94 están en UCI, 511 en unidades de hospitalización e 9.410 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.148 persoas curadas, rexistrándose 988 falecementos. O número de PCR realizadas é de 752.416.

 

Artigos relacionados

Back to top button