En portadaÚltima hora

A provincia chega aos 1.040 casos activos de Covid, 93 máis que onte

O Hospital de Valdeorras continúa libre de virus, o de Verín rexistra 6 ingresos e o de Ourense 39, segundo o Sergas

 

Volven dispararse os casos activos de coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma xa 1.040 casos activos, 93 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 10 de xaneiro.

Tamén se incrementan os ingresos. Así hai 42 persoas hospitalizados en planta (5 máis que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos datos que onte). E tamén volven subir, aínda que levemente, os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 89 (fronte aos 88 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa, por sétimo día consecutivo, libre de virus, mentres que o Hospital de Verín rexistra 6 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 36 en planta (4 máis que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.433, con 8.078 curados e 315 falecidos (o último rexistrábase onte no Hospital Universitario de Ourense).

Polo de agora lévanse realizado 144.529 probas PCR e 69.623 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button