SanidadeÚltima hora

A provincia chega aos 1.348 casos activos de Covid, 116 máis que onte

O Hospital de Valdeorras ten 1 ingreso, o de Verín 5 e o de Ourense 45, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan incrementándose os casos activos de Covid-19 na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma xa 1.348 pacientes con infección activa, 116 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 13 de xaneiro. Ademais volven subir os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 125 (fronte aos 118 de onte).

Tamén aumentan as hospitalizacións, con 46 persoas hospitalizados en planta (2 máis que onte) e 7 na Unidade de Coidados Intensivos (3 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra 1 ingreso en planta (o mesmo que onte) o Hospital de Verín rexistra 5 ingresos en planta (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 38 en planta (3 máis que onte) e 5 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). A Clínica Santa Teresa rexistra hoxe 1 ingreso en planta e o Centro Médico El Carmen outro.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.856, con 8.191 curados e 317 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 148.464 probas PCR e 70.434 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button