En portadaÚltima hora

A provincia chega aos 1.605 casos activos de coronavirus, 146 máis que onte

O Hospital de Valdeorras está libre de virus, mentres o de Verín rexistra 6 ingresos e o de Ourense 61, segundo Sanidade

Área de críticos no Hospital Universitario de Ourense./ Imaxe: Sergas.

 

Dispáranse os casos de coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco supera os 1.600 casos activos e sitúase en 1.605 pacientes con infección activa, 146 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 15 de xaneiro. Aínda así, baixan levemente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 151 (fronte aos 160 de onte).

Tamén se incrementan os ingresos, con 60 persoas hospitalizados en planta (6 máis que onte) e 9 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa libre de virus, mentres o Hospital de Verín ten 6 ingresos en planta (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 52 en planta (7 máis que onte) e 9 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). A Clínica Santa Teresa e o Centro Médico El Carmen continúan cun ingreso cada un deles.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 10.237, con 8.313 curados e 319 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 151.870 probas PCR e 71.394 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button