En portadaÚltima hora

A provincia chega aos 1.739 casos activos de Covid, 134 máis que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 82 ingresos (75 en planta e 7 en UCI), ningún deles no Hospital de Valdeorras, segundo Sanidade

 

Segue disparándose a curva do coronavirus na provincia de Ourense. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 1.739 pacientes con infección activa, 134 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 16 de xaneiro. Aínda así, baixan levemente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 148 (fronte aos 151 de onte).

Ademais rexístrase un incremento nos ingresos, con 75 persoas hospitalizados en planta (15 máis que onte) e 7 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa libre de virus, mentres o Hospital de Verín ten 8 ingresos en planta (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 66 en planta (147 máis que onte) e 7 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte). A Clínica Santa Teresa queda libre de virus o Centro Médico El Carmen continúa cun ingreso en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 10.404, con 8.345 curados e 320 falecidos (o último no Hospital de Verín). Polo de agora lévanse realizado 153.161 probas PCR e 71.701 probas serolóxicas.

Cribado na comarca de Xinzo de Limia

Na xornada do sábado 16 de xaneiro a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco organizaba un cribado poboacional na comarca de Xinzo de Limia ao que estaban convocadas unhas 4.000 persoas. Desenvolvíase no polideportivo de Xinzo de Limia.

Unha vez rematado o cribado, recollíanse 2.830 mostras recollidas, o que supón un 70,3% de participación, “baixa con respecto ao cribado anterior”, celebrado en novembro, segundo informa a Consellería de Sanidade.

12.508 casos activos en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.508, deles 3.129 son da área da Coruña, 1.098 da de Lugo, 1.739 da de Ourense, 983 da de Pontevedra, 2.333 da área de Vigo, 2.245 da de Santiago, e 981 da de Ferrol, segundo a última actualización feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 98 están en UCI, 557 en unidades de hospitalización e 11.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.251 persoas curadas, rexistrándose 1.503 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.241.661.

Artigos relacionados

Back to top button