En portadaÚltima hora

A provincia chega aos 324 casos activos de Covid e suma 3 novos ingresos

Publicidade
Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en ascenso os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo os últimos datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade, chégase aos 324 casos activos, o que supón 23 máis que onte, e ademais rexístranse tres novos ingresos en hospitais da provincia. Así do total de 324 pacientes, 18 están ingresados (deles 4 en UCI, mentres que os 306 restantes permanecen a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense ten 17 pacientes ingresados (deles 4 UCI), o Hospital de Verín un en planta, e o Hospital de Valdeorras segue, unha xornada máis, libre de virus.

O total de casos rexistrados na provincia acada a cifra de 2.429, con 1.970 curados e 135 falecementos, segundo Sanidade. Na provincia lévanse realizado un total de 43.003 (451 + que onte) probas PCR.

 

Artigos relacionados

Back to top button