Continúan en ascenso os casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Neste xoves 3 de setembro rexístranse un total de 386 na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 24 máis que onte, segundo informa a Consellería de Sanidade.
Deses 386 pacientes, 26 están ingresados en planta no Hospital Universitario de Ourense e 4 na Unidade de Coidados Intenstivos, e os restantes 356 permanecen a seguemento a domicilio. Os hospitais de Verín e de Valdeorras non rexistran ningún ingreso por Covid.
O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.536, con 2.015 curados e 135 falecementos. Na provincia lévanse realizado 44.910 probas PCR (571+ que onte).
Cribado en Mariñamansa
Dende Sanidade tamén se informa dos resultados do cribado levado a cabo no barrio ourensán de Mariñamansa. Realizánbase 287 PCRs a persoas asintomáticas que non eran contacto directo dos positivos. Neste cribado detectábanse 2 casos de Covid.