SanidadeÚltima hora

A provincia chega aos 602 casos activos de Covid, 50 máis que onte

 

Considerable ascenso dos casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco que chega aos 602 casos activos de coronavirus, o que significa 50 máis que onte, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Dese total de pacientes, 57 están hospitalizados (deles 6 na Unidade de Coidados Intensivos) e 545 permanecen a seguemento a domicilio. Así, no Hospital Universitario de Ourense hai 37 ingresos (7 máis que onte) en planta e 6 en UCI (1 máis que onte), mentres que no Hospital de Verín son 13 ingresos en planta (un máis que onte) e o Hospital de Valdeorras mantén un único ingreso por Covid en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.170, con 2.423 curados e 145 falecementos. Ata o de agora lévanse realizado 54.245 probas PCR, 411 nas últimas 24 horas, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button
Close