Deportes

A provincia de Ourense acollerá a Volta a España feminina neste 2021

Reunión de Manuel Baltar, presidenta da Deputación de Ourense con Javier Guillén, director da Volta a España.

 

Aínda que neste 2021 La Vuelta non pasará por Ourense, a provincia volverá ser protagonista dunha proba ciclista de ámbito internacional, neste caso a Volta a España Feminina, que se disputará o vindeiro mes de setembro en diferentes localidades. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, confirmaba neste martes 9 de marzo ao director xeral de Unipublic, Javier Guillén, o “compromiso de colaboración por parte da Deputación de Ourense para a celebración desta proba, que figura entre as máis importantes do mundo na súa especialidade e que en 2020 contou con 87 corredoras de 20 nacionalidades e de 15 equipos diferentes, sendo España, Italia e Holanda os países con maior representación”.

Na reunión mantida no Pazo Provincial entre Baltar e Guillén analizáronse os detalles da proba ciclista, que se vén disputando en España coa denominación de CERATIZIT Challenge by La Vuelta. Trátase da primeira carreira ciclista feminina organizada por Unipublic celebrada por primeira vez no ano 2015, coincidindo coa última etapa da Volta. Desde entón, consolidouse como carreira con entidade propia, erixíndose nunha das probas por etapas máis importantes do calendario World Tour feminino.

 

 

Nos seus tres primeiras edicións, disputábase nun só día, nun circuíto urbano polas rúas de Madrid, e en 2018 ampliou o seu percorrido, sendo de fin de semana e incluíndo unha etapa contrarreloxo por equipos disputada en Boadilla del Monte. En 2019 pasouse dunha contrarreloxo por equipos a unha crono individual, e na pasada edición continuou o seu crecemento incluíndo unha etapa máis ás dúas que xa eran habituais, sendo a saída oficial desde Toledo e incluíndo unha etapa en liña con final no alto, unha contrarreloxo individual e unha última etapa en liña, con chegada ao sprint, nas rúas de Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button