En portadaÚltima hora

A provincia de Ourense entra na fase 1 da desescalada

 

Dentro do 51% dos españois que entrarán o luns 11 de maio na chamada fase 1 do “Plan para a transición cara unha nova normalidade” estarán os ourensáns. A provincia de Ourense, xunto coas outras tres galegas, forman parte das unidades territoriais que pasan a este novo escenario no que se permitirá, entre outras medidas, a reapertura das terrazas de hostalaría e restauración ao aire libre, ata un número de mesas inferior ao 50% das autorizadas. E en cada mesa ou agrupación de mesas poderá haber como máximo 10 persoas, que deberán respectar a distancia interpersonal.

Ademais os comercios que abran ao público deberán poñer o aforo do local na portada de entrada. Numerosos establecementos anunciaban xa nestes días a súa reapertura, que incluirá unha serie de medidas de protección para garantir a seguridade e saúde das persoas. Pero haberá outros moitos, especialmente do sector da hostalaría, que polo de agora prefiren agardar para volver á actividade.

Consulta dos detalles da aplicación da fase 1 na orde publicada no BOE polo Ministerio de Sanidade:

BOE-A-2020-4911

 

Artigos relacionados

Back to top button