SanidadeÚltima hora

A provincia de Ourense rexistra 28 casos activos de Covid, 2 máis que onte

Os casos de coronavirus seguen a subir na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade, hai 28 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 2 máis que onte.

 

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén no conxunto de Galicia seguen medrando os contaxios. Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en na comunidade é de 375 (16 máis que onte), deles 150 son da área da Coruña, 71 da de Lugo, os 28 xa mencionados da de Ourense, 29 da de Pontevedra, 67 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 4 da de Ferrol, segundo Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 2 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 358 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.318 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 255.305.

Artigos relacionados

Back to top button
Close