SanidadeÚltima hora

A provincia de Ourense rexistra 34 casos activos de Covid-19, 2 máis que onte

Os casos de coronavirus seguen a subir na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade, hai 34 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 2 máis que onte.

 

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén no conxunto de Galicia seguen medrando os contaxios. Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en na comunidade é de 444 (32 máis que onte), deles 177 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, os 34 xa mencionados da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 78 da área de Vigo, 35 da de Santiago, e 5 da de Ferrol, segundo Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 2 está en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 260.785.

Artigos relacionados

Back to top button