En portadaÚltima hora

A provincia de Ourense rexistra 386 casos activos de Covid, 52 menos que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 44 persoas ingresadas en planta (1 delas no Hospital de Valdeorras) e 5 na UCI

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo descenso dos contaxios do coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 386 pacientes con infección activa, 52 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 25 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Baixan así mesmo os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 9 (fronte aos 15 de onte).

En canto aos ingresos, baixan. Hai 44 persoas hospitalizadas en planta (3 menos que onte) e 5 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra de onte). O Hospital de Valdeorras rexistra 1 ingreso de paciente en planta (a mesma cifra de onte), mentres que o Hospital de Verín segue con 5, e o Hospital Universitario de Ourense ten 38 en planta (3 menos que onte) e 4 (a mesma cifra que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en UCI.

O total de casos rexistrados dende o inicio da pandemia ata o de agora na provincia ascende a 14.508, con 13.720 curados e 401 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 203.257 probas PCR e 100.933 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button