SanidadeÚltima hora

A provincia de Ourense rexistra 41 casos activos de Covid-19, 4 máis que onte

 

Mantense á tendencia á alza nos positivos por Covid-19 na provincia de Ourense. Segundo a última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, hoxe son xa 41 os casos activos, catro máis que onte.

 

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No conxunto de Galicia o número de casos activos de coronavirus é de 591, deles 302 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, os xa mencionados 41 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 83 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 566 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.428 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 264.202.

Artigos relacionados

Back to top button
Close