En portadaÚltima hora

A provincia de Ourense ten 60 casos activos de Covid, 6 máis que onte

A última persoa falecida en Galicia era un home de 90 anos ingresado no Hospital de Ourense

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense á tendencia á alza nos casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Así se reflexa na última actualización de datos que vén de facer pública a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Nesta xornada, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra un total de 60 casos activos de coronavirus, o que supón seis máis que onte.

Na comunidade galega o número total de casos activos de coronavirus é de 938, deles 544 son da área da Coruña, 93 da de Lugo, 51 da de Pontevedra, 118 da área de Vigo, 43 da de Santiago, e 29 da de Ferrol, ademais dos 60 xa mencionados da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 1 están en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 897 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.506 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos, segundo sanidade. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense e que presentaba patoloxías previas, tal e como indica a consellería.
O número de PCR realizadas é de 272.115.

Artigos relacionados

Back to top button
Close