En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 1.021 casos activos de Covid, 14 menos que onte

O Hospital de Valdeorras continúa con 7 ingresos en planta, mentres o Hospital de Verín baixa a 6 (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense suma 88

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Nova xornada de redución de casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así, segundo segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade (ás 18h. do 9 de novembro) hai 1.021 casos activos, o que supón 14 menos que onte. Deles, 88 están hospitalizados en planta (a mesma cifra que onte) e 15 en UCI (4 máis que onte). Tamén se aprecia un lixeiro aumento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 34 (fronte aos 29 de onte).

O Hospital de Valdeorras continúa con 7 ingresos en planta, mentres o Hospital de Verín baixa a 6 (2 menos que onte), e o Hospital Universitario de Ourense ten 73 ingresos en planta (2 máis que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (4 menos que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.906, con 5.627 curados e 257 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 101.541 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button