En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 1.096 casos activos de Covid, 31 menos que onte

O Hospital de Valdeorras continúa con 10 ingresos en planta, mentres o de Verín ten 7 ingresos o Hospital de Ourense 67 en planta e 15 na UCI

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Seguen baixando os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo a última actualización de Sanidade (ás 18h. do 6 de novembro) hai 1.096 casos activos, o que supón 35 menos que onte. Deles, 86 están hospitalizados en planta (5 menos que onte) e 15 en UCI (1 menos que onte). Tamén se aprecia un lixeiro descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 54 (fronte aos 60 de onte).

O Hospital de Valdeorras mantén 10 ingresos en planta, mentres o de Verín rexistra 7 ingresos (1 máis que onte) e o Hospital de Ourense 67 (6 menos que onte) en planta e 15 (1 menos que onte) na UCI. Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.768, con 5.421 curados e 250 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 99.451 probas PCR.

10.276 casos activos de Covid en Galicia

Galicia chega aos 10.276 casos activos nesta xornada, 80 máis que onte. Deles 1.886 son da área da Coruña, 1.157 da de Lugo, 1.096 da de Ourense, 1.229 da de Pontevedra, 2.530 da área de Vigo, 1.289 da de Santiago, e 1.089 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 84 están en UCI, 495 en unidades de hospitalización e 9.697 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.955 persoas curadas, rexistrándose 976 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 738.753.

Artigos relacionados

Back to top button