SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 1.299 casos activos de Covid, 23 máis que onte

O Hospital de Valdeorras mantén 9 ingresos, o de Verín 7 e o de Ourense suma 78, segundo Sanidade

 

Lixeiro incremento nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os datos publicados neste luns pola Consellería de Sanidade (e actualizados ás 18h. do 1 de novembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.299 casos activos, o que supón 23 máis que onte. Deles, 80 están hospitalizados en planta (5 máis que onte) e 16 en UCI (1 menos que onte). Tamén se aprecia un certo incremento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 87 (fronte aos 25 de onte).

En canto ás cifras de ingresos, o Hospital de Valdeorras mantén 9 pacientes con Covid-19 en planta e o Hospital de Verín 7 pacientes en planta, mentres o Hospital Universitario de Ourense ten 63 en planta (5 máis que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten un ingreso en planta e outro en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.522, con 4.983 curados e 240 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 95.408 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button