SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 1.449 casos activos de Covid, 40 menos que onte

O Hospital de Valdeorras mantén un ingreso, o de Verín ten 6 e o de Ourense 101

Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Descenso nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 22 de outubro) reflexan 1.449 casos, o que supón 40 menos que os de onte. Dese total, 98 están hospitalizados en planta e 13 na Unidade de Coidados Intensivos, e o resto permanecen a seguimento nos seus domicilios. Ademais, nas últimas 24 horas confirmáronse 64 novos positivos por probas PCR.

O Hospital Universitario de Ourense rexistra 12 pacientes na UCI (2 menos que onte) e 89 en planta (5 menos que onte). O Hospital de Valdeorras mantén 3 ingresos en planta e o de Hospital de Verín ten 6 ingresos (1 menos que onte). Ademais o Centro Médico El Carmen ten 1 paciente de Covid na UCI.

O total de casos na provincia ascende a 5.697, con 4.034 curados e 213 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 84.162 probas PCR.

Galicia ten 5.880 casos activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.880, deles 964 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 1.449 da de Ourense, 595 da de Pontevedra, 1.005 da área de Vigo, 983 da de Santiago, e 329 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 325 en unidades de hospitalización e 5.507 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.573 persoas curadas, rexistrándose 856 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 616.297.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close