En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 1.459 pacientes con Covid, 111 máis que onte

 

Continúan incrementándose os casos activos de Covid-19 na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma xa 1.459 pacientes con infección activa, 111 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 14 de xaneiro. Ademais volven subir os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 160 (fronte aos 125 de onte).

Tamén se disparan os ingresos, con 54 persoas hospitalizados en planta (8 máis que onte) e 9 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra está arestora libre de virus, tras rexistrar un falecemento onte. O Hospital de Verín ten 7 ingresos en planta (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 45 en planta (7 máis que onte) e 9 na Unidade de Coidados Intensivos (4 máis que onte). A Clínica Santa Teresa rexistra hoxe 1 ingreso en planta e o Centro Médico El Carmen outro, é dicir, manteñen as mesmas cifras de onte.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 10.050, con 8.273 curados e 318 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 150.168 probas PCR e 70.807 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button