En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 1.577 casos activos de Covid, 33 menos que onte

O Hospital de Valdeorras continúa con 3 ingresos, o de Verín ten 8 e o de Ourense 98

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Descenso nos casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, a provincia rexistra 1.577 (datos recollidos ás 18h. do 17 de outubro), o que supón 33 menos que na anterior xornada. Aínda así, nas últimas 24 horas confirmábanse 78 novos casos por probas PCR.

Dese total de 1.577 casos activos hai 98 hospitalizados en planta e 13 na Unidade de Coidados Intensivos. O O Hospital de Valdeorras continúa con 3 ingresos en planta, mentres que o Hospital de Verín ten 8 ingresos en planta (1 menos que onte tras un falecemento). Ademais o Hospital Universitario de Ourense rexistra 86 ingresos en planta (10 máis que onte) e 12 en UCI (1 máis que onte), o Centro Médico El Carmen 1 en UCI e a Clínica Santa Teresa 1 en planta.

O total de casos na provincia ascende a 5.318, con 3.552 curados e 190 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 79.309 probas PCR.

As cifras do Covid en Galicia

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco continúa sendo a de maior número de casos activos no conxunto de Galicia. Así a comunidade suma un total de 4.932 casos, dos que 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 586.482.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close