En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 1.610 casos activos de coronavirus, 9 máis que onte

O Hospital de Valdeorras segue con 3 ingresos, o de Verín ten 9 e o de Ourense 87

 

Lixeira variación no número de casos activos de covid na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, segundo a última actualización de Sanidade (ás 18h. do 16 de outubro), cun total de 1.610 pacientes con infección activa frote aos 1.601 de onte.

Así, o número total de casos de Covid rexistrado na provincia ascende a 5.240, con 3.442 curados e 189 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 78.368 probas PCR con 97 positivos detectados nas últimas 24 horas.

Con respecto ás hospitalizacións o Hospital Público de Valdeorras mantén os 3 ingresos que xa tiña onte, segundo a Consellería de Sanidade. No Hospital Universitario de Ourense son 87 os ingresos (11 en UCI e 76 en planta) e no de Verín 9. Ademais, mantense un ingreso en UCI no Centro Médico El Carmen e outro en planta na Clínica Santa Teresa. Así, a provincia rexistra hoxe un total de 89 hospitalizacións en planta, 3 menos con respecto a onte e 12 en UCI, 1 menos que onte.

Os datos galegos

Unha xornada máis, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco continúa sendo a que máis casos activos rexistra en Galicia. Así, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus na comunidade é de 4.745, deles 807 son da área da Coruña, 425 da de Lugo, 1.610 da de Ourense, 416 da de Pontevedra, 632 da área de Vigo, 686 da de Santiago, e 169 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 229 en unidades de hospitalización e 4.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.078 persoas curadas, rexistrándose 815 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 579.828.

Artigos relacionados

Back to top button