SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 13 novos brotes de Covid, entre eles un na Gudiña e outro na Mezquita

O concello de Ourense suma 5 brotes familiares cun total de 28 afectados, segundo os últimos datos de Sanidade

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúa a escalada de casos de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade, rexístranse 13 novos brotes de coronavirus, cinco dos cales están no concello de Ourense e son familiares. Así neste municipio hai un brote familiar de 5 casos (3 mulleres de 45, 34, e 47 anos e dous homes de 51 e 44 anos), un de 6 casos (3 homes de 68, 80 e 6 anos e 3 mulleres de 63, 37 e 2 anos), un de 4 casos (3 mulleres de 47, 26 e 62 un home de 52 anos), un de 5 casos (4 mullers de 77, 25, 48 e 9 anos e un home de 37 anos) e outro de  8 casos (4 homes de 22,52, 8 e 10 anos e 4 mulleres de 51, 47, 2 e 4 anos).

Rexítrase así mesmo un brote na Mezquita de 4 casos (tres homes de 55, 54, 33 anos e 1 muller de 94 anos) e outro na Gudiña, é familiar e ten tres casos (2 homes de 49 e 79 anos e unha muller de 41 anos). Tamén se rexistran dous novos brotes no Barco, un familiar-social en Paderne con 3 casos (3 mulleres de 58, 64 e 88 anos) e outro en Avión con 3 casos (unha muller de 65 anos e dous menores).

Máis información:
https://osil.info/dous-novos-brotes-de-covid-no-barco-cun-total-de-7-casos/

Artigos relacionados

Back to top button