En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 168 ingresos por Covid, 4 deles no Hospital de Valdeorras

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco hai 2.761 pacientes con infección activa, 70 máis que onte, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A curva de coronavirus segue en ascenso na provincia de Ourense. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.761 pacientes con infección activa, 70 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 24 de xaneiro. Sen embargo, baixan lixeiramente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 116 (fronte aos 183 de onte).

En canto aos ingresos, tamén se aprecia un incremento, con 156 persoas hospitalizados en planta (13 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 4 ingresos en planta, o Hospital de Verín conta con 16 ingresos en planta (1 menos que onte que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 134 en planta (14 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra que onte). A Clínica Santa Teresa segue con 1 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen continúa con 1 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 12.087, con 8.996 curados e 330 falecidos (onte Sanidade un falecemento no CHOU e outro no Hospital de Verín). Polo de agora lévanse realizado 166.567 probas PCR e 75.859 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button