En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 2.963 casos de Covid, 26 menos que onte

A área sanitaria ourensá ten 168 ingresos en planta (6 deles no Hospital de Valdeorras) e 14 en UCI, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Lixeiro descenso nas cifras do coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.963 pacientes con infección activa, 26 menos que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 29 de xaneiro. Tamén baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 96 (fronte aos 160 de onte).

Descenden así mesmo os ingresos. Así rexístranse con 168 persoas hospitalizados en planta (10 menos que onte) e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 6 ingresos en planta, o Hospital de Verín baixa a 13 ingresos en planta (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 146 en planta (8 menos que onte) e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). A Clínica Santa Teresa ten 2 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen 1 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.013, con 9.699 curados e 350 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 174.659 probas PCR e 83.435 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button