En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 2.968 casos activos de Covid, 12 menos que onte

Sen embargo medran os ingresos: 177 en planta (6 deles no Hospital de Valdeorras) e 14 na UCI, segundo Sanidade

 

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Descende, aínda que levemente, a curva do coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.968 pacientes con infección activa, 12 menos que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 27 de xaneiro. Tamén baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 137 (fronte aos 160 de onte).

En canto aos ingresos, rexístrase un incremento, con 177 persoas hospitalizados en planta (5 máis que onte) e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (as mesmas cifras de onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra 6 ingresos en planta, o Hospital de Verín continúa con 17 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 150 en planta (2 máis que onte) e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra que onte). A Clínica Santa Teresa  ten 2 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Centro Médico El Carmen 2 en planta (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 12.687, con 9.378 curados e 340 falecidos (onte Sanidade notificaba 5 novos falecementos na provincia). Polo de agora lévanse realizado 171.347 probas PCR e 81.041 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button