En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 340 casos activos de Covid, 16 máis que onte

Desa cifra total, 20 pacientes están ingresados en planta e 4 pacientes en UCI, ningún deles no Hospital de Valdeorras, que sigue libre de virus

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra un total de 340 casos activos hoxe (16 máis que onte), segundo confirma a Consellería de Sanidade. Desa cifra total, 20 pacientes están ingresados en planta e 4 pacientes en UCI, os 320 restantes permanecen a seguemento a domicilio.

Así no Hospital Universitario de Ourense hai 15 pacientes ingresados en planta e 4 na UCI, mentres que no Hospital de Verín hai un ingreso en planta. Polo de agora, o Hospital Comarcal de Valdeorras segue libre de virus.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.455, con 1.980 curados e 135 falecementos. Na provincia lévanse realizado un total de 43.434 probas PCR (431 máis que onte).

Artigos relacionados

Back to top button
Close