SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 362 casos activos de Covid, 19 máis que onte

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan a ascender as cifras de coronavirus na provincia. Así, segundo a última actualización de datos notificada hoxe pola Consellería de Sanidade, rexístranse 62 casos activos na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 19 máis que onte.

Deles, 23 están ingresados en planta e 3 en UCI. Os 336 pacientes restantes permanecen a seguemento a domicilio, todos eles no Hospital Universitario de Ourense. Polo tanto, o Hospital de Verín e o Hospital de Valdeorras non rexistran ningún ingreso.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.502, con 2.005 curados e 135 falecementos. Na provincia lévanse realizado no que vai de pandemia un total de 44.339 probas PCR, 419 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button
Close