SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 417 casos activos de Covid, 5 máis que onte

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Segundo a última actualización de datos feita pública esta mañá pola Consellería de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 417 casos activos de Covid-19, o que supón 5 máis que onte. Dese coxunto de pacientes, 30 están ingresados no Hospital Universitario de Ourense (5 deles na Unidade de Coidados Intensivos) e 387 permanecen a seguemento a domicilio.

Os hospitais de Valdeorras e de Verín seguen sen ter ingresos por Covid. O total de casos de coronavirus rexistrados na provincia ascende a 2.609, con 2.057 curados e 135 falecementos. Na provincia de Ourense lévanse realizado 45. 773 probas PCR, 474 nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close