En portadaÚltima hora

A provincia rexistra 438 casos activos de Covid, 71 menos que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 47 persoas ingresadas en planta (1 delas no Hospital de Valdeorras) e 5 na UCI

O Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Volven baixar os contaxios do coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 438 pacientes con infección activa, 71 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 24 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Sen embargo, soben levemente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 15 (fronte aos 10 de onte).

En canto aos ingresos, baixan. Hai 47 persoas hospitalizadas en planta (9 menos que onte) e 5 na Unidade de Coidados Intensivos (3 menos que onte). O Hospital de Valdeorras rexistra 1 ingreso de paciente en planta (a mesma cifra de onte), mentres que o Hospital de Verín ten 5 (1 menos que onte), e o Hospital Universitario de Ourense ten 41 en planta (8 menos que onte) e 4 (3 menos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en UCI.

O total de casos rexistrados dende o inicio da pandemia ata o de agora na provincia ascende a 14.500, con 13.660 curados e 401 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 202.746 probas PCR e 100.597 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button