SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 482 casos activos de Covid, 9 máis que onte

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de ascenso nos datos do coronavirus na provincia de Ourense. Segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 482 casos activos hoxe, o que supón 9 máis que onte.

Dese total de pacientes, 40 están ingresados (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e 444 permanecen a seguemento a domicilio. O Hospital Universitario de Ourense ten 32 ingresos en planta e 5 na UCI, mentres que o Hospital de Verín conta con tres ingresos en planta. Polo de agora, o Hospital Público de Valdeorras continúa libre de virus.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.833, con 2.210 curados e 141 falecementos. Na provincia lévanse realizado 49.874 probas PCR, 515 delas nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close