SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 525 casos activos de Covid, 15 menos que onte

O Hospital de Valdeorras mantén 1 ingreso, o de Verín 2 e o de Ourense sobe a 21, segundo Sanidade

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Volven baixar nesta xornada os casos activos de Covid-19. Segundo os datos comunicados neste 28 de decembro pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 27 de decembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 525 pacientes con infección activa, 15 menos que onte. Dese total, 22 están hospitalizados en planta (2 máis que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). Ademais soben lixeiramente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 18 (fronte aos 13 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa con 1 hospitalizado en planta (o mesmo dato que nos últimos catro días), mentres o Hospital de Verín ten 2 en planta (a mesma cifra dende hai tres días), e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 17 en planta (3 máis que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.408, con 7.574 curados e 308 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 134.040 probas PCR e 67.234 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button