SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 578 casos activos de Covid, 54 menos que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 67 ingresos en planta (2 deles no Hospital de Valdeorras) e 6 na UCI

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Nova xornada de descens nas cifras do coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 578 pacientes con infección activa, 54 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 21 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén descenden os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 12 (fronte aos 17 de onte).

Sen embargo, soben levemente os ingresos. Hai 67 persoas hospitalizadas en planta (2 máis que onte) e 6 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra de onte). O Hospital de Valdeorras continúa con 2 ingresos de pacientes en planta, os mesmos que o Hospital de Verín, e o Hospital Universitario de Ourense ten 62 en planta (2 máis que onte) e 5 (a mesma cifra que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta e outro en UCI (as mesmas cifras que onte).

O total de casos rexistrados dende o inicio da pandemia ata o de agora na provincia ascende a 14.457, con 13.478 curados e 401 falecidos (onte Sanidade notificaba 1 novo falecemento no Hospital Universitario de Ourense). Polo de agora lévanse realizado 201.392 probas PCR e 99.512 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button