SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 6 casos activos de Covid-19, tras os 2 positivos de Barbadás

Aínda así é a segunda área sanitaria galega con menos casos, só tras Ferrol, libre de virus

Segundo a última actualización de casos feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 196, deles 52 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 32 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Deste xeito a área sanitaria ourensá é a menos casos activos rexistra na comunidade, só despois de Ferrol, libre de virus.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 10 en unidades de hospitalización e 185 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.211 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 241.712.

Artigos relacionados

Back to top button