SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 734 casos activos de Covid, 46 máis que onte

O Hospital de Valdeorras mantense libre de virus, mentres no de Verín os ingresos soben a 4 e no de Ourense a 27, segundo Sanidade

Fachada do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A curva de casos activos de coronavirus continúa medrando, unha xornada máis, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Rexístranse un total de 734, 46 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 5 de xaneiro.

Ademais volven subir os ingresos. Así dese total de casos, 31 están hospitalizados en planta (3 máis que onte) e 1 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte). Tamén se incrementan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 67 (fronte aos 52 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa, por cuarto día consecutivo, libre de virus, mentres que o Hospital de Verín rexistra 4 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 26 en planta (2 máis que onte) e 1 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.927, con 7.881 curados e 312 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 139.315 probas PCR e 68.540 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button