SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra tres novos brotes de Covid, un deles en Riós

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar tres novos brotes de Covid-19 na provincia. Un deles rexístrase en Riós. É de orixe familiar e afecta a catro persoas: tres mulleres de 77, 44 e 74 anos, e un home de 80 anos. Todos eles están a seguimento domiciliario e continúa activo o seguimento dos seus contactos.

Por outra banda, no Concello de Ourense vén de rexistrarse un novo brote que afecta a catro homes, un de 31 anos e os outros tres de 30. Todos están en illamento e seguimento domiciliario.

Así, no Concello de Cea, segundo a Consellería de Sanidade, tamén se rexistrou un brote familiar que afecta a seis persoas, unha delas un menor. Os demais son dous homes de 34 e 56 anos, e tres mulleres de 33, 35 e 56 anos. Permanecen en illamento e seguimento a domicilio.

Artigos relacionados

Back to top button