SanidadeÚltima hora

A provincia segue con 5 casos activos de Covid-19, tras dar negativo os contactos do positivo de Trives

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha xornada máis, mantéñense as cifras de casos activos na provincia de Ourense. Hai un total de cinco casos activos, dos cales un está ingresado no Hospital Universitario de Ourense. Trátase do traballador procedente de Lleida e desprazado a Trives. Os catro casos restantes están a seguemento a domicilio, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

Por outra banda, o Sergas facía público que, tras as probas realizadas aos contactos directos do traballador desprazado a Trives, ningún deles é positivo. “Todos permanecen en illamento domiciliario de 14 días e a seguimento por Sanidade, que monitoriza o seu estado”, segundo o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button